11.2. Cartafoles compartidos no equipo do profesor

  Cartafoles compartidos no equipo do profesor

EDIXGAL

En todos os equipos Abalar/Edixgal do profesor,  existe un cartafol denominado "aula", que contén á súa vez dous cartafoles denominados "profesor" e "alumno":

  

Ubicación dos cartafoles no equipo do profesor

O profesor pode acceder a estes cartafoles desde o Xestor de ficheiros que podemos atopar tanto na barra de tarefas da parte inferior do Escritorio, como no menú principal que se desprega ao pulsar o botón "Aplicativos".

   

2

   

Unha vez que se abre o Xestor de ficheiros veremos o cartafol "aula" que contén os outros dous cartafoles "alumno" e "profesor", tal como se mostra na seguinte imaxe.    

      

3

   

O cartafol do profesor está pensado para que o docente poida compartir ficheiros cos seus alumnos, de xeito que estes poidan copialos ou executalos pero non modificalos. Por este motivo, o recurso compartido profesor é de acceso limitado: 

  

  • Só desde o equipo do profesor se pode crear, modificar ou borrar o contido do cartafol “/home/usuario/aula/profesor”. 
  • Os equipos do alumnado teñen unicamente acceso de lectura aos contidos depositados polo profesor neste cartafol. 

   



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 19 de Xaneiro de 2023, 10:42