10.7. Accións dispoñibles sobre os clientes

  Accións dispoñibles sobre os clientes

EDIXGAL

1
2
3
4


Sobre os clientes podemos facer unha serie de accións agrupadas nas seguintes categorías:

    

  • Sesión
  • Emisións
  • Execución
  • Restricións

    

Para realizar algunha destas accións temos que premer sobre o cliente co botón dereito e abrirase un menú contextual onde aparecerán as opcións para escollelas. Ademais das accións tamén neste menú contextual podemos eliminar clientes do grupo e cambiar o nome do cliente en Información.

    

Accións coa Sesión

  • Iniciar o equipo
  • Cerrar sesión
  • Reiniciar o  equipo
  • Apagar o equipo.

     

Accións de Difusión

  • Observar alumno: Mostra o que está a facer o usuario pero sen interactuar con el.
  • Axudar Alumno: Mostra o que está a facer o usuario, pero permite tomar o control do equipo.
  • Deter as difusión: Para todas as difusións.

    

Accións Executar

  • Executar: Executa unha orde ou unha URL no equipo do alumno
  • Enviar mensaxe: Envía unha mensaxe ao alumno
  • Abrir un terminal: Abre un terminal no equipo do profesor.

    

Accións Restricións

  • Trancar a pantalla: bloquea a pantalla do equipo do alumno
  • Desatrancar a pantalla: desbloquea a pantalla do equipo do alumno
  • Silenciar o son: silencia o son do equipo do alumno
  • Non silenciar o son: desbloquea o silencio no equipo do alumno
  • Bloquear a cámara web: bloquea a cámara web do equipo do alumno
  • Desbloquear a cámara web: desbloquea a cámara web do equipo do alumno.
    

IMPORTANTE: Débese ter en conta que algunhas destas restricións son persistentes, é dicir, aínda que o alumno apague e reinicie o equipo, a restrición establecida polo profesor continuará vixente ata que o profesor a desactive.

  



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 19 de Xaneiro de 2023, 10:40