10.3. O equipo do alumno (aula Epoptes)

  O equipo do alumno (aula Epoptes)

EDIXGAL

Poderemos configurar o equipo cliente accedendo ao menú "Internet" aplicación "Aula Epoptes"   

Ao pulsar mostrarásenos unha mensaxe solicitando os dous últimos díxitos mostrados entre puntos da dirección IP do equipo do docente. Tras inserilos facemos clic en "Aceptar"

1

 Neste momento o equipo do alumno xa se debería ver no panel de administración do equipo do docente.

No caso no que o equipo xa dispoña dunha configuración preestablecida, mostrarase unha xanela como a seguinte, na que se indicará este feito e a dirección IP configurada.

1


Se os datos son correctos pulsaremos o botón de "Non" ou se pola contra non o son, pulsaremos o botón "Si" para que se mostre a xanela de configuración



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 10 de Febreiro de 2022, 12:22