10.2. Como saber cal é a miña IP

  Como saber cal é a miña IP

EDIXGAL

Importante

A aplicación EPOPTES está preconfigurada para a WiFi Abalar

Nos equipos Abalar/Edixgal a aplicación EPOPTES xa está preconfigurada para a rede WiFi Abalar, polo que non é necesario introducir a configuración de rede completa. 

Por esta mesma razón, non é posible utilizar a aplicación EPOPTES dun equipo Abalar/EDIXGAL nunha rede diferente á WiFi Abalar.


Para saber que IP temos no noso equipo de profesor, temos diferentes formas:

   

1 Accedendo a Sistema > Acerca de Maqueta Abalar

  

EPOPTES

  

A continuación aparecerá un cadro de diálogo coa información referente ao equipo.

      

EPOPTES

       

2 Premendo sobre a icona de conexións co botón dereito e elixindo Información da conexión

   

3

4

   

3 Desde o Emulador Terminal abrindo o menú de aplicativos e tecleando a seguinte orde /sbin/ifconfig devolverá a información da conexión.

   

5



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 10 de Febreiro de 2022, 12:22