2.3. O dispositivo do alumnado (Lenovo)

EDIXGAL

  O dispositivo do alumnado (Lenovo)


Caracteristicas principais do equipo do alumno

Equipo alumno EDIXGAL

    

Lenovo Yoga 11e 5th Gen

  

Este equipo incorpora un sistema de bisagras flexible de 360 grados e unha pantalla de 11'6 pulgadas, multitáctil de 10 puntos que axudan a que se adapte a calquera dinámica de traballo e convirten este dispositivo nunha tableta cando sexa necesario. Un equipo lixeiro e portátil con menos de 1,6 kg.

O teclado é impermeable e as súas teclas están fixadas mecánicamente para evitar que poidan ser extraídas fácilmente. A pantalla de cristal Corning® Gorilla® Glass é resistente a impactos e arañazos. Este dispositivo está deseñado para aguantar pequenos golpes e caídas desde alturas de menos de 1 metro.

Lápiz dixital Pen Pro de ThinkPad

      

      

Equipo alumno tactilCo lápiz dixital Pen Pro de ThinkPad (incorporado ao equipo), o alumnado pode escribir, debuxar bocetos, facer anotacións nos documentos, tomar notas e moito máis. Ademáis, como conta cunha ranura de almacenaxe incorporada na carcasa do equipo, este lápiz dixital queda perfectamente integrado no borde frontal e recárgase automáticamente mentres está insertado no propio equipo.

Este equipo inclúe una opción multitáctil de 10 puntos para poder ser usado como unha tableta para traballar coas diferentes aplicacións educativas ou buscar información.

Este tipo de equipamento, tanto o portátil HP como o portátil Lenovo, poden ser usados como tableta ou como un ordenador portátil, polo que ofrecen unha gran flexibilidade en canto ás súas posibilidades de uso.

  

 

Conexións do ordenador

Conexións periféricas

Conexións dispoñibles nos laterais do equipo

Fonte de alimentación USB-C, dous USB 3.0,botón de encendido, 1 HDMI, 1 USB tipo C con DisplayPort, ranura para microtarxetas 4 en 1, conexión de rede RJ45, toma de audio e micro combinada de 3,5 mm, anclaxe de seguridade.

 

 

Cable adaptador

Adaptador para a conexión no armario de carga

No caso deste equipo, entrégase como accesorio un cable adaptador que permite cargar o equipo no armario de carga da aula. Desta maneira, no mesmo armario de carga poden conectarse tanto o equipo HP ProBook X360 11 (sen adaptador) como este equipo Lenovo Yoga 11 (con adaptador).

Cable adaptador

Este cable adaptador debe permanecer no centro educativo en todo momento, xa que únicamente serve para a súa conexión ao armario de carga da aula.

Este accesorio entrégase con cada equipo Lenovo e aínda que o/a alumno/a decida levar o equipo para o seu domicilio, o adaptador debe quedar sempre no centro educativo.

 


EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 15 de Setembro de 2021, 17:18