6.1. Introdución

EDIXGAL

  Acceso dende os centros á Internet e riscos da rede

     

Como se establece a conexión á rede dende os centros educativos

Tal e como aparece no tema 3 os centros educativos da nosa comunidade teñen conexión a unha rede corporativa de datos, encargada garantir acceso a calquera dispositivo informático do noso centro á Internet, independentemente do tipo de conexión que se estableza co equipamento á rede (conexión cableada ou conexión sen fíos redes Abalar e edu.xunta.es) e sobre a que existen uns mecanismos de seguridade para garantir unha navegación na internet eficiente e segura.

    

A pesar das medidas de seguridade establecidas nesta Rede Corporativa de Datos da Xunta de Galicia (RCDXG), nunca se pode dicir que existe unha  probabilidade 0 de acceso a contidos indebidos, non desexados ou perigosos; para esos casos é onde temos que estar en alerta tanto docentes, coma familias, educando ao menor e controlando os contidos aos que accede, ás horas que adica á navegación pola rede e os intereses que manifesta, os comportamentos que expresa, etc...

    

 Riscos da Internet para menores

Dende que os medios dixitais, xunto coa Internet, pasaron a formar parte dos elementos cos que contamos nas nosas aulas, estamos a formar alumnado que adquire unha nova competencia, a competencia dixital, que van a acadar coa axuda dos docentes e tamén as familias.

    

As novas tecnoloxías e Internet son excelentes ferramentas para aprender, tamén para comunicarse e incluso para divertirse; pero non carente de perigos, especialmente para os menores; para poder guialos e apartalos de ditos perigos, primeiro debemos coñecelos. Podemos destacar os seguintes:
    

  • Acceso a contidos inadecuados, en calquera dos formatos posibles (textos, imaxes, vídeos,...), ben sexa de xeito intencionado ou accidental: É un dos perigos máis comúns cando un menor navega por a rede atopandose con contidos de natureza sexual, violento, etc.., ao que pode chegar de xeito intencionado facendo directamente búsqueda sobre ditos contidos, ou acceso accidental a través de ligazóns que se presentan mediante banners, pop-ups, eu mesmo enlaces publicitarios que os encamiñan a páxinas con ditos contidos.

  • Ciberbullying ou ciberacoso, consiste no acoso por parte dunha ou varias persoas que pretenden atacar a autoestima, neste caso do menor, empregando os medios tecnolóxicos, mediante mensaxes, correo electrónico, imaxes, vídeos e publicacións ofensivas a través das redes sociais.

  • Acoso sexual (sexting), normalmente o acceso a chats en liña, permite establecer conversas entre o menor e persoas que pretenden levar a cabo un acoso sexual, que nun primeiro momento tentan gañar a confianza do menor coa finalidade de conseguir que lles envíe fotos de carácter erótico.

  • Grooming, é un tipo de acoso no cal un pederasta ou acosador sexual emprega un perfil falso para entrar en contacto co menor nas redes sociais e obter datos, imaxes, incluso as claves de acceso das contas dos menores para logo chantaxear e amenazando con facer pública toda a información conseguida senón se accede á chantaxe.

  • Estafas en internet, (falsas ofertas, agasallos, sorteos,...) con incentivos, como aparatos de tecnoloxía ou cartos, que inducen a  transmitir datos persoais como o número de teléfono ou o da tarxeta de crédito.

  • ...

 

 

 

 

EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 15 de Setembro de 2021, 17:28