5.1. Curación de contidos educativos

EDIXGAL

 Curación de contidos educativos


   

Que é a curación de contidos?

A cantidade de datos e información que se xenera en internet é tan enorme que actualmente resulta case imprescindible ter claro o concepto de curación de contidos e saber como podemos poñelo en práctica.

Cada minuto internet aumenta o seu contido de forma exponencial con novos textos, documentos, imaxes, fotos, audios, vídeos, ... e polo tanto ningunha persoa é capaz de procesar tal cantidade de información.

Neste sentido, por medio da curación de contidos poderemos seleccionar e utilizar só a información que nos resulte realmente relevante, útil ou de interese para o noso labor docente. 

  

Curación de contidos

  

Para un docente, curar contidos educativos é unha competencia dixital máis que forma parte do seu rol docente, pola que pode seleccionar os mellores contidos para o seu alumnado. Para realizar unha boa curación de contidos, o primeiro que debemos ter claro será que contidos (ou tipos de contidos) queremos atopar en internet para convertilos en información e/ou coñecemento.

Resulta moi interesante e reveladora a seguinte frase do actor Chris Hardwick

Xa non estamos na era da información. Estamos na era da xestión da información.

A expresión en inglés "content curation" traducida como curación de contidos, fai referencia ao proceso de localizar información na rede, filtrala, organizala, clasificar os datos filtrados, agregando novos contidos máis complexos e de maior valor para a comunidade á que se pretende distribuír.

    

Bibliografía:

La curación de contenidos by Manel Guzmán

Curación de contenidos by Formación en Rede del INTEF


EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 15 de Setembro de 2021, 17:25