5.3. Tipos de licenzas

EDIXGAL

 Que son as licenzas

  

Que é unha licenza e para qué serve

Cando creamos e publicamos un determinado contido é importante definir as limitacións na utilización dese contido por parte de terceiros, é dicir, por parte de outras persoas. Esta definición das limitacións de uso establécese por medio das licenzas.

A licenza é o conxunto de condicións que establece o autor dunha obra para que esta obra poida ser usada por outros.

A  licenza por defecto que teñen todas as obras é Copyright (todos os dereitos reservados), que é a licenza máis restrictiva, a non ser que o autor indique unha licenza diferente. 

Licenzas

Todos/as os autores/as poden licenciar a súa obra indicando as condicións de uso que desexen, incluso creando as súas propias condicións de uso personalizadas e indicando estas condicións de forma clara e visible, tendo en conta que se non se especifica ningunha licenza debería entenderse (por defecto) que a obra está licenciada con Copyright.  Neste sentido, existen varias licenzas xa predefinidas e aceptadas internacionalmente que constitúen un estandar legal en canto a tipos de licenzas.

   

 

Copyright

Todos os dereitos reservados

Esta licenza é a máis usada e coñecida hoxe en día, ademáis de ser a máis restrictiva. Únicamente o autor da obra ten dereito a utilizala. Se algunha outra persoa ou entidade quere facer uso desta obra, ten que pedirlle permiso ao autor e (probablemente) pagar unha determinada cantidade.

Como xa se mencionou anteriormente, unha obra que non especifica ningún tipo de licenza debe entenderse que por defecto ten unha licenza Copyright.

Segundo a lexislación española, o autor dunha obra ostenta todos os dereitos da mesma durante a sua vida e ata 70 anos depois da sua morte ou declaración de falecemento. Posteriormente, ésta pasa a ser de dominio público e pode ser empregada por calquera.

    
Copyleft

Algún dereito reservado

Podería afirmarse que é a licenza contraria a Copyright. Esta licenza (ou máis ben, grupo de licenzas), foi creada no ámbito informático a comenzos da década dos anos oitenta, cando Richard Stallman iniciou o desenvolvemento do sistema operativo GNU ( GNU is Not Unix ). Despois de establecido o concepto de Copyleft, éste foi utilizado na Licenza Pública Xeral GNU (coñecida como a «GPL») en 1989.

Esta licenza garantiza o dereito de calquera usuario a utilizar, modificar e redistribuir unha obra e as súas obras derivadas sempre que se manteñan estas mesmas condicións de utilización e difusión. 

     

Creative Commons

É a licenza Copyleft máis popular.

Estas licenzas permiten aos autores poder decidir a maneira na que a súa obra vai circular en Internet, é dicir, os autores poden ceder a outras persoas algúns dereitos (con condicións) e manter outros. Todas estas licenzas son gratuitas (só debes ser o autor e titular para poder licenciar una obra) e igual que o copyright, o rexistro non é obrigatorio. 

   

Creative Commons

  

https://creativecommons.org/licenses/?lang=es_ES

        

   

Creative Commons explicado

Fonte orixinal: Grupo A3MEDIA (Compromiso A3MEDIA): CreaCultura

  

Dominio Público

Tipo de licencia que se dá básicamente en 2 situacións:

  1. Termina o período de vixencia da protección da obra por dereito de autor, tal e como se indicou antes 70 anos despois da morte do mesmo é o que establece a lexislación vixente.
  2. O autor voluntariamente renuncia ao Copyright, decidindo que a súa obra pase a dominio público.

Para resolver esta situación Creative Commons creou Creative Commons Zero (Public Domain), na que o autor renuncia todos os dereitos sobre a obra na medida que a lei do pais llo permita (por exemplo na Unión Europea os "dereitos morais" son irrenunciables)

Na seguinte tira cómica explícase de maneira sinxela o uso das licenzas Creative Commons, con algúns exemplos prácticos que ilustran as posibilidades que ofrecen este tipo de licenzas.

  

Nerdson - Creative Commons

Fonte orixinal:  https://hacktoon.com/grandware/courses/creative-commons

Sobre as licenzas Creative Commons 4.0

EDIXGAL
Última modificación: Martes, 18 de Outubro de 2022, 18:26