3.6. A WiFi "edu.xunta.gal" para alumnado

EDIXGAL

 A WiFi "edu.xunta.gal" para alumnado


WiFi edu.xunta.esNos centros educativos onde está en funcionamento a WiFi "edu.xunta.gal", ademáis do profesorado, esta WiFi tamén permite a conexión de todo o alumnado rexistrado en XADE.

O procedemento para realizar a conexión é o mesmo que no caso do profesorado, coa salvedade de que as credenciais do alumnado deben ser xeradas en XADE desde o propio centro educativo, utilizando o "Informe predefinido AL985:  Etiq. WiFi".

Este informe crea unha páxina de "etiquetas" onde se mostran os datos de conexión para cada alumno/a (por grupo, curso, ensinanza) de maneira que o centro educativo pode decidir a que alumnos/as ou grupos de alumnos lles proporciona as claves de acceso personalizadas.

    

Informe WiFi alumnos

   

IMPORTANTE: Hai que ter en conta que un número excesivo de conexións simultáneas podería saturar o ancho de banda dispoñible no centro, polo que se aconsella non habilitar o acceso a esta WiFi de forma masiva para todo o alumnado do centro educativo e facelo só para aqueles alumnos/as que realmente necesiten facer un uso educativo desta WiFi nos seus dispositivos.

   

   

INSTRUCCIÓNS PARA O ALUMNADO   

   

Normas básicas de uso 

   

  • O acceso á WiFi ten unha finalidade pedagóxica e educativa. Debe empregarse con responsabilidade.
  • O alumnado non debe compartir os seus datos de acceso con ninguén (usuario e contrasinal), son datos de carácter persoal, individual e privado.
  • Non se deben empregar indiscriminadamente servizos que consuman moito ancho de banda (streaming, YouTube, etc). O uso destes servizos por parte do alumnado reduce o ancho de banda dispoñible para o resto de usuarios do centro educativo.
  • Non se debe empregar esta conexión para un uso non autorizado, ilícito, ilegal, hacking, etc ...

  

Como activar a conta 

   

Para activar a túa conta segue estes pasos:

1  Entra na web "https://www.edu.xunta.es/contausuario"

2  Pulsa sobre a opción "Conta" e a continuación en "Activar"

  

WiFi alumnos

  

3  Selecciona a opción "A WiFi do centro" e pulsa no botón "Continuar"

WiFi alumnos

  

4  Introduce aqui o teu usuario e o teu PIN que che foron proporcionados no teu centro educativo, tal e como se indica na seguinte imaxe e a continuación pulsa no botón "Continuar".

   

Wifi alumnos

  

5  A continuación escribe o contrasinal, tendo en conta as seguintes normas:

  • O contrasinal debe ter polo menos 6 caracteres.
  • NON podes poñer o teu nome, nin os teus apelidos e tampouco o nome da conta que vas crear.

Tes que escribila dúas veces: unha vez na CAIXA 1 e outra vez na CAIXA 2:

  

WiFi alumnos

  

Preme en Continuar, e para terminar preme en Confirmar e a túa conta xa estará creada!

   

WiFi alumnos

Como norma xeral, esta conta estará operativa ao longo do curso escolar.

Importante: debes lembrar o contrasinal que puxeches. En caso de esquecelo deberás acceder a "Contausuario" empregando a túa conta de usuario e o PIN.

 

Como cambiar o contrasinal da conta 

   

Necesitas o nome da conta e o PIN. Se non te acordas cal é o PIN, debes solicitar no teu centro que cho volvan entregar.

Para cambiar o contrasinal segue estes pasos:

1  Entra na páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario

2  Preme en Contrasinal e logo en Modificar.  

  

WiFi alumnos    

3  Introduce os datos que se piden:

- Nome de usuario

- PIN

- Na caixa 1 introduce o contrasinal unha vez

- Na caixa 2 volve a introducir de novo o contrasinal

  

WiFi alumnos

  

Preme en Continuar e o teu contrasinal xa estará cambiado.


EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 25 de Outubro de 2023, 15:03