2.9. Caixa de conexións multifunción

EDIXGAL

 Caixa de conexións multifunción


Formando parte dos elementos instalados nas aulas integradas no proxecto EDIXGAL está a caixa de conexións multifunción. Esta caixa de conexións está situada normalmente ao lado do Encerado Dixital Interactivo e posibilita a conexión fácil e rápida de distintos dispositivos co videoproxector e co propio E.D.I.

En función do ano de instalación deste elemento pode variar un pouco o seu aspecto e a súa estrutura, aínda que básicamente será moi similar á que mostramos a continuación.

   

Caixa de conexións multifunción

      

Por medio desta caixa de conexións podemos conectar directamente moitos dispositivos de audio, vídeo e datos para que o seu contido sexa reproducido ou visualizado directamente desde o videoproxector ou Encerado Dixital Interactivo, sen necesidade de conectalos ao ordenador portátil.   

      Caixa de conexións multifunción      

Por exemplo, se dispoñemos dun pendrive USB con fotos, podemos conectar o pendrive directamente ao porto USB desta caixa de conexións para que as fotos sexan visualizadas directamente na Pizarra Dixital a través do videoproxector.

Outro exemplo, se dispoñemos dun dispositivo de audio con conector minijack podemos conectar o dispositivo directamente á caixa de conexións (por medio dun cable minijack) para que o audio sexa reproducido directamente polos altavoces do videoproxector.

Outros moitos dispositivos de audio e vídeo poden ser conectados a esta caixa de conexións para que o seu contido poida ser reproducido directamente polo videoproxector e/ou pizarra dixital, sen necesidade de usar o ordenador portátil como intermediario.

    


EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 15 de Setembro de 2021, 17:20