2.7. Encerado Dixital Interactivo

EDIXGAL

  O Encerado Dixital Interactivo


Actualmente nas aulas EDIXGAL podemos atopar un Encerado Dixital Interactivo de algunha das seguintes marcas: SmartBoard, MultiClass, Promethean.

 

1   SmartBoard

2   MultiClass

3   Promethean

 

Cada un destes encerados dixitais ten as súas propias características e funcionalidades, polo que o máis recomendable será visitar a web oficial de cada unha destas marcas para poder ver as súas características principais.

  

Algunhas das ventaxas que aporta o uso do E.D.I. nas aulas

  

  • As clases resultan máis atractivas e vistosas pola posibilidade de usar recursos dinámicos e variados.
  • A participación dos alumnos/as na clase aumenta, así como a interacción cos teus alumnos e coa materia.
  • O EDI optimiza o tempo do que dispós para ensinar, xa que permite utilizar novas fontes de recursos educativos.
  • A utilización de encerados dixitais interactivo facilita a comprensión, especialmente no caso de conceptos complexos xa que se pode completar a súa explicación con videos, simulacións e imaxes.
  • Os alumnos/as con necesidades educativas especiais tamén saen beneficiados. Aporta mellores posibilidades de seguir a clase a alumnos con deficiencias visuais, auditivas, de atención, entre outras.
  • Pode utilizarse con alumnos de todas as idades e en todas as materias.

    

Calibración do Encerado Dixital Interactivo

   

Todos os equipos EDIXGAL que se conectan as estes encerados dixitais dispoñen dunha funcionalidade de calibración intalada que poderemos usar con calquera deles.

   

Menú calibrador pizarra dixital

      

Cando se lanza a aplicación "Calibrate Touchscreen", no Encerado Dixital Interactivo móstrase a seguinte pantalla que permite calibrar a pizarra dixital para un funcionamento óptimo da mesma.

      

Pantalla de calibración

  


EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 15 de Setembro de 2021, 17:20