2.4. Bolígrafo dixital activo HP

EDIXGAL

  Bolígrafo dixital activo HP


Accesorios do bolígrafo dixital

Accesorios boligrafo dixital

O bolígrafo dixital activo HP é un dispositivo dixital lixeiro deseñado para interactuar coa pantalla táctil en lugar de usar os dedos.

Ten unha punta fina e sustituible parecida á dun bolígrafo, que se utiliza para escribir ou debuxar na pantalla, ou para navegar polo sistema operativo e as aplicacións compatibles. O bolígrafo dixital funciona cunha pila interna sustituible.

No estuche do bolígrafo dixital inclúense os aseguintes accesorios:

  • Bolígrafo dixital activo HP
  • Soporte adhesivo para o bolígrafo, de feltro (material similar á tela)
  • Cordón de suxección
  • Pila AAA
  • Documentación.

Na documentación inclúense a garantía, as instruccións de configuración rápida e as notas sobre o dispositivo.

 

Hardware do bolígrafo dixital

O hardware do bolígrafo dixital contas dos seguintes botóns e funcións:

  1. Punta (extraíble)
  2. Botón de pulsación primario
  3. Botón de pulsación secundario
  4. Cilp do bolígrafo dixital
  5. Tapa do bolígrafo dixital (extraíble)

Hardware do bolígrafo

 

Colocación da pila no bolígrafo dixital

Antes de poder utilizar o bolígrafo dixital debe colocarse correctamente a pila, seguindo estes pasos:

  1. Retirar a tapa do bolígrafo dixital xirándoa en sentido contrario ás agullas do reloxio (sentido antihorario)
  2. Colocar a pila co extremo positivo (+) orientado hacia o corpo baleiro do bolígrafo dixital.
  3. Introducir a pila no bolígrafo dixital
  4. Volver a colocar a tapa xirándoa no sentido das agullas do reloxio (sentido horario).

 

Colocación da pila do bolígrafo

 

Colocación do cordón do bolígrafo dixital

O cordón que se inclúe como accesorio do bolígrafo dixital permite a súa suxección ao equipo do alumno, conectando o cordón por un extremo ao bolígrafo e polo outro a un tornillo da parte inferior do portátil.

Cordón do bolígrafo

Como pode observarse na seguinte imaxe, o outro extremo do cordón pode suxeitarse ao equipo utilizando o tornillo situado na parte inferior do portátil do alumno. É importante sinalar que, no caso de querer suxeitar o bolígrafo dixital ao equipo, sempre se utilice este tornillo en concreto que está específicamente destinado a este fin.

Parte inferior do equipo do alumno

 

Finalmente, despois de suxeitar o cordón do bolígrafo e pegar o soporte de feltro na parte inferior do portátil, o equipo con todos os accesorios colocados queda como se mostra na seguinte imaxe.

 

Equipo do alumno con todos os accesorios


Importante

RECOMENDACIÓN

Nos casos nos que o alumnado transporte habitualmente o equipo desde o seu domicilio ata o centro educativo (e viceversa) debería considerarse a opción de non colocar ningún dos accesorios no exterior do equipo, xa que o feito de colocar estes accesorios nos laterais convírteos en elementos moi vulnerables a golpes, roturas e desperfectos de todo tipo.

Tamén se debe ter en conta que, no caso de introducir o portátil no armario de carga da aula, estes elementos acoplados no exterior do equipo incrementan o risco de desperfectos.



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 15 de Setembro de 2021, 17:18