2.2. O dispositivo do alumnado (HP)

EDIXGAL

  O dispositivo do alumnado (HP)


Caracteristicas principais do equipo do alumno

Equipo alumno EDIXGAL

 

Todo o alumnado matriculado nun curso dos niveis EDIXGAL dispón dun ordenador portátil convertible, das marcas HP ou Lenovo. Neste apartado descríbense brevemente as características do equipo HP ProBook x360 11 G1 EE, que incorpora unha pantalla táctil de 11,6 pulgadas para poder ser utilizado tanto en modo portátil como en modo tableta.

Trátase dun ordenador robusto e versátil pensado específicamente para entornos educativos.

Este equipo entrégase con todo o software necesario instalado, incluída a aplicación EVA Offline que permite descargar os contidos educativos no propio ordenador para poder traballar igualmente en caso de non dispoñer de conexión a internet.

 

 

Funcionalidades táctiles do equipo

   

Equipo alumno tactilA pantalla táctil deste ordenador permite interactuar co sistema operativo e coas aplicacións, tanto co dedo como co bolígrafo dixital activo HP que acompaña a este equipo.

Dependendo do tipo de contido que estea a visualizar o alumno ou do tipo de actividade que se dispoña a realizar, este equipo permite o seu uso con distintas posicións da pantalla.

Por esta razón, é convinte que o usuario probe a resposta táctil da pantalla en diferentes posicións e cos dous elementos posibles de pulsación (dedo ou bolígrafo dixital), de maneira que lle permita decidir cal é a posición de pantalla coa que se sinte máis cómodo á hora de usar as súas funcionalidades táctiles.

Conexións do ordenador

Conexións dispoñibles no equipo no lateral esquerdo:

Botón de encendido, LED indicador de estado, anclaxe de seguridade Kensington, porto USB 3.1, conector combinado de audio (entrada de micro + saída de audio), teclas de control de volume.

 

Lateral esquerdo

  

Conexións dispoñibles no equipo no lateral dereito:

Lector de tarxetas tipo microSD, porto USB 3.1 tipo C, porto USB 3.1, conector HDMI, conector RJ45, indicador LED de estado, conexión para o cargador de batería.

 

Lateral dereito


Novo equipo HP do alumno

A partir do curso 2021-22, incorpórase tamén ao proxecto EDIXGAL o novo equipo de alumno HP ProBook x360 11 G5 EE, de similares prestacións ao anterior pero con hardware máis actualizado.


HP Probook x360 11 G5 EE

   


 


EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 15 de Setembro de 2021, 17:18