1.2. Avaliación e diagnóstico da situación do centro educativo

EDIXGAL

  Avaliación e diagnóstico do centro


Diagnóstico da situación do centro educativo

 


Importante

O coordinador/dinamizador(a) EDIXGAL de cada centro educativo debe ser a persoa de referencia no centro para todo o relacionado co proxecto EDIXGAL e debe ter tamén un coñecemento amplo do proxecto e das características específicas do seu centro educativo con respecto ao seu desenvolvemento.


Un dos aspectos máis importantes para o/a coordinador/a EDIXGAL será coñecer a situación do seu propio centro educativo en todos aqueles aspectos que poidan influír no desenvolvemento do proxecto.

Neste sentido, un diagnóstico acertado da situación debería levarnos a un proceso de reflexión e a unha posterior concreción de obxectivos para toda a comunidade educativa, onde se marcarán metas a medio e longo prazo por medio de actuacións concretas.

  

Os 3 aspectos a ter en conta son os seguintes:

  1. Infraestrutura e equipamento do centro/aulas EDIXGAL
  2. Competencia dixital do profesorado
  3. Nivel de coñecemento das familias sobre o proxecto

  

   

1  Infraestrutura e equipamento do centro / aulas EDIXGAL

En colaboración co profesorado de cada aula EDIXGAL, o coordinador EDIXGAL deberá facer un seguimento do correcto funcionamento dos elementos que interveñen no proxecto. 

Coñecer os elementos tecnolóxicos que compoñen unha aula EDIXGAL e as súas características básicas é fundamental para poder determinar o estado de funcionamento de cada un deles, de maneira que se poidan comunicar canto antes os problemas detectados aos servizos técnicos do proxecto.

Diagnóstico incidencias

 

2  Competencia dixital do profesorado

O nivel de competencia dixital do profesorado das aulas EDIXGAL é outro dos aspectos máis relevantes á hora de afrontar un ensino dixital de calidade. Será necesario facer un diagnóstico correcto das carencias/necesidades do profesorado neste sentido para determinar que tipo de asesoramento e/ou formación serán necesarios.

Un contacto habitual con todo o profesorado implicado no proxecto axudará a determinar cales serán os aspectos nos que se deberá incidir especialmente á hora de programar actuacións encamiñadas a mellorar o grao de competencia dixital do profesorado.

O obxectivo principal será que o profesorado sexa capaz de manexar con soltura todos os elementos que compoñen unha aula EDIXGAL, xa que desde agora estes elementos pasarán a formar parte do seu entorno de traballo diario. Neste sentido, non se trata de que o profesorado resolva incidencias senón que sexa capaz de acadar un grao de autonomía suficiente no manexo de todo o equipamento, de maneira que lle permita solventar por sí mesmo os pequenos atrancos que se lle poidan presentar no seu labor docente diario.

O coordinador EDIXGAL, en estreita colaboración co resto do profesorado, determinará as necesidades formativas e de asesoramento do profesorado implicado no proxecto, podendo asumir él mesmo estas actuacións formativas na medida que lle sexa posible.

Por outro lado, tamén deberá estar en contacto co Centro de Formación do Profesorado (CFR) da súa zona, co fin de seleccionar e solicitar as accións formativas máis apropiadas.

Competencia dixital GRÁFICO: Aspectos que determinan o grao de competencia dixital do profesorado

    

   

3  Nivel de coñecemento das familias sobre o proxecto

Un proxecto de ensino dixital como EDIXGAL pode plantexar dúbidas e inseguridades ás familias dos alumnos, sobre todo naquelas familias que ata o momento tiveron pouco contacto coas novas metodoloxías e tecnoloxías educativas. Polo tanto, outro dos aspectos prioritarios para o coordinador EDIXGAL do centro será determinar o grao de coñecemento das familias sobre este proxecto e o grao de satisfacción co uso dos medios tecnolóxicos por parte dos seus fillos/as no centro educativo. 

Os profesores titores dos alumnos poderán facer un primeiro diagnóstico desta situación aproveitando o seu contacto directo coas familias nas reunións de titoría. Ademáis, o propio centro educativo tamén poderá recabar información neste sentido co fin de ter unha visión máis clara e completa sobre este aspecto. Toda esta información tamén debe ser coñecida polo coordinador/a EDIXGAL do centro.

As actuacións do coordinador EDIXGAL neste sentido irán encamiñadas a organizar e coordinador iniciativas destinadas a unha maior información / formación das familias sobre a implantación e o desenvolvemento do proxecto no propio centro, nas que se deberá incidir especialmente sobre aqueles aspectos nos que se detecten maiores carencias de información ou un maior grao de descoñecemento.

 

Charla familias

 


EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 15 de Setembro de 2021, 17:15