7.2. Crear unha copia de seguranza

   Crear unha copia de seguranza

EDIXGAL

Como se crea unha copia de seguranza

  

Copia de seguranza

 

Cando pulsamos no menú de copia de seguranza, a primeira pantalla que se mostra corresponde a configuración inicial da propia copia. Esta configuración inicial preséntanos un listado cos tipos de elemento (contidos, recursos, actividades) que poderán ser incluídos na copia e tamén nos informa de cales non van ser incluídos.

 

Crear copia de seguranza

 

Pulsamos o botón “Seguinte” e pasamos á seguinte pantalla titulada ”Configuración do esquema” onde podemos seleccionar os elementos concretos que queremos incluír na copia de seguranza, excepto aqueles elementos que xa nos aparecen marcados como non seleccionables.

 

Crear copia de seguranza 

 

Despois de marcar o que queremos incluír na copia, avanzamos á seguinte pantalla onde deberemos introducir un nome para o ficheiro que vai conter esta copia. A plataforma xa nos indica un nome de ficheiro xenérico que inclúe o día e hora na que se realiza a copia, pero nós podemos cambiar este nome por calquera outro.

Resulta moi importante conservar a extensión “.mbz” para este ficheiro, que xa que aparece incluída por defecto no nome proposto pola plataforma. É dicir, se por exemplo decidimos nomear este ficheiro como “copia-seguranza-eva-persoal”, o ficheiro deberá chamarse finalmente “copia-seguranza-eva-persoal.mbz”.

 

 Crear copia de seguranza

 

Con todos os pasos anteriores xa configurados, o último paso será comenzar a facer da copia de seguranza. O primeiro que se mostra será unha barra de progreso que nos indica o avance na realización da copia.

 Crear copia de seguranza

 

Se todo foi ben e non houbo erros, a plataforma infórmanos de que se creou satisfactoriamente o ficheiro da copia de seguranza.

  Crear copia de seguranza

Cando pulsamos o botón “Continuar”, accedemos á pantalla final desde onde poderemos descargar (baixar) o ficheiro coa copia de seguranza que acabamos de realizar. Nesta pantalla podemos ver tamén o tamaño dese ficheiro, que nos aporta unha información moi relevante para poder decidir en que dispositivo queremos gardar esa copia de seguranza: un  lapis de memoria, un disco externo, o disco duro do noso ordenador, ...

 Crear copia de seguranza

 

 



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 19 de Xaneiro de 2023, 10:25