3.6. O entorno colaborativo

  O entorno colaborativo

EDIXGAL

Administrar colaboradores do proxecto

Podemos engadir colaboradores a un proxecto, un contido ou un exercicio. O noso colaboradores poderán editar o proxecto, contido ou exercicio coma se fosen os propietarios do mesmo. A continuación imos mostrar como se engaden colaboradores a un proxecto, o proceso é exactamente o mesmo para os contidos e exercicios.

Desde a listaxe de proxectos imos ao proxecto que queremos converter en colaborativo e pulsamos sobre a icona editar (lápis).

O entorno colaborativo

No formulario que nos aparece a continuación imos ao botón opcións e no despregable que nos aparece facemos clic en Administrar colaboradores.

O entorno colaborativo

A continuación no formulario que nos aparece temos dúas listaxes, á dereita o listaxes de todos os profesores da plataforma e á esquerda a listaxe dos profesores que están a colaborar neste proxecto. Nesta caso aínda non temos ningún.

O entorno colaborativo

Seleccionamos o profesor que queremos que engadir como colaborador e pulsamos o botón Engadir.

O entorno colaborativo

Agora na columna de colaboradores aparécenos o profesor que acabamos de engadir.

O entorno colaborativo

Desde este momento ao profesor que acabamos de engadir a colaboradores do proxecto apareceralle na sección de proxectos nos que colaboro este proxecto.

Para acceder á sección de proxectos nos que colaboras nos filtros da listaxe de proxectos debemos cambiar o combo Ámbito a Proxectos nos que colaboro e facer clic no botón filtrar.

O entorno colaborativo

Na listaxe de proxectos agora aparecerannos os proxectos nos que somos colaboradores.



EDIXGAL
Última modificación: Martes, 18 de Xaneiro de 2022, 12:37