3.5. Copias de seguridade

  Copias de seguridade

EDIXGAL

Pódense crear copias de seguridade tanto de proxectos como de contidos e exercicios. No momento no que creamos a copia de seguridade créase unha copia exacta de como está o proxecto, contido ou exercicio nese momento. Poderemos restaurar a copia cando o desexemos. Este proceso restablecerá o proxecto, o contido ou o exercicio a como se atopaba no momento de facer a copia sobrescribindo o actual.

Realizar unha copia de seguridade

No seguinte exemplo imos realizar a copia de seguridade dun proxecto.

Este proceso é exactamente o mesmo para os contidos e exercicios. Para acceder á copia de seguridade temos que entrar na edición dun proxecto, para isto imos á listaxe de proxectos e pulsamos sobre a icona de editar o proxecto (lapis) do cal queremos facer a copia de seguridade.

Copias de seguridade

Dentro do proxecto imos ó menú de opcións e facemos clic na opción “crear copia de seguridade”.

Copias de seguridade

Isto ábrenos unha nova xanela onde nos pregunta se queremos facer a copia de seguridade. Facemos clic no botón Gardar modificacións.

Copias de seguridade

Restaurar unha copia de seguridade

Para acceder ás copias de seguridade que temos creadas imos ó menú Ferramenta autor → Copias se seguridade → Proxectos. En Ferramenta autor → Copias se seguridade tamén temos as copias de seguridade de contidos e exercicios.

Restaurar copia de seguridade

Isto lévanos a unha listaxe onde se ven todas as copias de seguridade que temos creadas.

Restaurar copia de seguridade

Aquí podemos ver dúas opcións:

  • Restaurar copia de seguridade Restaurar copia de seguridade: Restaura a copia de seguridade seleccionada.
  • Eliminar Eliminar: Borra a copia de seguridade seleccionada.

Para restaurar unha copia de seguridade facemos clic no botón Restaurar copia de seguridade Restaurar copia de seguridade. Isto lévanos a unha xanela onde nos pregunta se estamos seguros que desexamos restablecer a copia de seguridade. Se o proxecto ten exercicios asociados tamén temos a opción de restauralos. Se os exercicios foron modificado posteriormente á copia de seguridade e dicímoslle que tamén queremos restaurar os exercicios asociados ao proxecto, sobrescribiranse os exercicios e restableceraos ao estado no momento da copia.

Restaurar copia de seguridade

Unha vez restaurado o proxecto, lévanos á edición do propio proxecto restaurado.

Restaurar copia de seguridade



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 19 de Xaneiro de 2023, 10:03