3.3. Xerar exercicios

  Xerar exercicios

EDIXGAL

Este menú permite acceder as funcionalidades necesarias para xerar, modificar ou eliminar 19 tipos de exercicios. Os exercicios consisten nunha práctica que serve para adquirir uns coñecementos ou desenvolver unha habilidade por parte dos estudantes aos que van dirixidos.

Os exercicios deben estar dotados de dinamismo para que os estudantes poñan neles toda a súa atención e a aprendizaxe resulte un éxito. Sempre deben terse en conta as mesmas pautas: as presentacións deben ser atractivas, amenas, informativas e sobre todo dinámicas; á vez o seu uso debe ser sinxelo e por tanto de fácil comprensión.

Entre as 19 posibles opcións de exercicios podemos realizar unha clasificación inicial:

  • Exercicios avaliables: actividades simples que permiten obter unha puntuación que valora o grado de coñecementos adquiridos.
  • Contidos interactivos: Mediante diversos elementos, permítese a interacción do estudante cos contidos de maneira diferente. É un modo de presentación que poderá conter imaxes, texto, son e outros exercicios avaliables, seguindo un patrón orixinal e creativo. Os exercicios interactivos baséanse no diálogo entre estudante e contido, onde deseño e presentación son factores crave para captar a súa atención, xa que o seu éxito depende de que o estudante consiga relacionarse totalmente coa presentación.

Menú ferramenta autor

Para crear un novo exercicio, o usuario sigue os seguintes pasos:

1. Premer o botón Engadir exercicio que atopara na pantalla de acceso a Xeración de exercicios desde o menú “Ferramenta Autor > Exercicios”.

Engadir exercicio

2. A continuación, a pantalla carga o formulario de “Datos exercicio” cos campos básicos para rexistrar un novo exercicio.

Datos exercicio

3. O usuario ten que seleccionar o “Tipo” entre as opcións propostas.

Botón tipos

A continuación, deberá cubrir a información requirida para cada tipo de exercicio segundo os tipos de exercicios dispoñibles.

Tipos de exercicios



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 19 de Xaneiro de 2023, 10:01