3. O Actualizador Abalar

  O actualizador Abalar

EDIXGAL

Que é o actualizador Abalar

O actualizador Abalar é unha pequena aplicación da maqueta Abalar libre, e que facilita o mantemento do equipamento mediante unha actualización desatendida dun gran número de aplicacións integradas no sistema.

O proceso de actualización é moi lixeiro, non sobrecarga o funcionamento do equipo e tampouco sobrecarga a rede.

Automaticamente esta aplicación executase unha vez ao mes, de xeito totalmente transparente para o usuario; aínda que o usuario o pode executar no momento que desexe e tamén desactivar a execución automática mensual.

 

Menú maqueta

Funcionamento

Ao premer neste novo aplicativo, vai a aparecer unha nova xanela con información relativa as funcións que ten dita aplicación; tendo o usuario que activar o check "Aceptar" e premer no botón para que o Actualizador realice as súas funcións.

 Unha vez aceptada a pregunta anterior o aplicativo empezará a traballar; no caso de que fose executado con anterioridade, amosaría unha mensaxe semellante a seguinte:

Onde temos 3 opcións:

  1. , pasaría a realizar de novo o procedemento de actualización, amosando nunha ventá información relativa ao proceso que se está aplicando, e tras rematar a actualización do equipo, aparecerá unha nova xanela onde se informa de que o proceso rematou, xunto co tempo que se inverteu no proceso.

 

  1. Non, pecharía a aplicación sen realizar ningunha función no sistema.
  2. Desactivar a actualización automática, mostraría unha mensaxe de advertencia, e deste xeito que quedaría desactivada a execución mensual automática da aplicación.

Tr



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 19 de Xaneiro de 2023, 09:49