2. O espazo "Linux Maqueta Abalar Libre"

  O espazo "Linux Maqueta Abalar Libre"

EDIXGAL

EspazoAbalar: Maqueta Abalar Libre

Un dos espazos do portal EspazoAbalar está adicado á Maqueta Abalar Libre.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/maqueta-abalar-libre

Desde este espazo podemos descargar unha imaxe ".iso" da Maqueta Abalar libre, que nos permitirá instalar no noso ordenador o mesmo sistema operativo e as mesmas aplicacións que están instaladas por defecto nos equipos que se lles entregan aos usuarios do proxecto EDIXGAL.

Esta maqueta libre permítenos, ademais, realizar cambios na configuración e instalar novas aplicacións (as que decida o propio usuario), polo que as vantaxes de instalar esta maqueta no noso ordenador son evidentes.

O portal "Maqueta Abalar Libre" presenta o seguinte aspecto:

Espazo Linux Abalar

Este portal está constituído por varias seccións de contido nas que podemos atopar as últimas versións da maqueta abalar libre, así como tamén numerosa información e documentación que nos pode resultar de moita axuda á hora de instalar esta maqueta e traballar con ela.

Novas de actualidade

Neste apartado podemos consultar aquelas novas que se consideran de interese, relacionadas coa propia maqueta abalar libre ou con algunha das versións das aplicacións que incorpora.

Versión estándar

Desde aquí podemos descargar calquera das últimas versións estables, así como as versións anteriores, da maqueta abalar libre, recomendada para a maioría dos equipos portátiles e de sobremesa.

Versión EDIXGAL

 Versións específicas da maqueta abalar libre para o equipamento EDIXGAL, unicamente para os modelos que se detallan.

Como se instala

 Onde se explica o procedemento completo para poder realizar a instalación deste sistema.

Manuais e titoriais

Nesta sección podemos atopar información sobre como configurar determinados elementos do sistema, así como manuais de certas aplicacións instaladas na maqueta.

Aula Aberta Linux

Enlace á Aula Aberta Abalar (esta páxina)

Actualizador Abalar

Baseándose na idea de xestión centralizada na administración de software do Proxecto Abalar/Edixgal, e en iniciativas como Expansión Abalar, que permite levar a maqueta Abalar a un gran número de equipamento corporativo dos centros educativos Abalar fóra das aulas Abalar, agora pretendese chegar máis lonxe: a administración do software de calquera equipo informático que dispoña da distribución libre Abalar.



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 19 de Xaneiro de 2023, 09:47