1. Equipamento EDIXGAL: O software dos equipos

  O software (maqueta) EDIXGAL

EDIXGAL

Os equipos EDIXGAL para o alumnado e o profesorado distribúense cunha maqueta (sistema operativo + aplicacións instaladas) plenamente funcional e adaptada ás necesidades do proxecto, baseada nun sistema operativo GNU/Linux Debian, que se actualiza dun xeito centralizado e transparente para o usuario desde AMTEGA a través dos servidores Abalar de centro e a WiFi Abalar instalada en todos os centros educativos participantes no proxecto.

Esta situación presenta a vantaxe da uniformidade da maqueta en todas as aulas EDIXGAL de todos os centros educativos de Galicia nos cursos/grupos integrados no proxecto.

Ademais, tamén é posible instalar unha versión similar desta maqueta en calquera outro ordenador.


Importante Calquera outro equipo informático do usuario pode dispoñer tamén dunha versión similar desta maqueta.
Poñemos a disposición de todos os usuarios unha versión libre (imaxe libre) desta maqueta que pode ser descargada desde o espazo "Maqueta Abalar Libre", de EspazoAbalar.


 https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/maqueta-abalar-libre

 

Neste portal adicado á maqueta Abalar libre podemos atopar tamén as instrucións e a axuda necesaria para a creación de sistemas de arranque “live” desde un dispositivo externo (sen necesidade de instalación) con esta maqueta, así como tamén os manuais de instalación e actualización.

  

 

Cal é exactamente a distribución do sistema operativo GNU/Linux

Para coñecer exactamente a distribución e versión do sistema operativo instalado abriremos un emulador de terminal:
Menú de aplicativos --> Emulador de terminal

Abrirase unha ventá onde poderemos escribir comandos do sistema operativo.

Abalar

Na imaxe anterior podemos observar, entre outra, a seguinte información relevante:

  • A versión do sistema operativo: Debian 10 buster
  • Kernel x86_64: o que implica que se trata dun sistema operativo de 64 bits (se fose de 32 bits devolvería i686).

Coñecer se a arquitectura do sistema operativo é de 32 ou 64 bits é importante á hora de instalar novo software ou de actualizar o existente.

 

Sabías que ...?

O nome ten a súa orixe na combinación dos nomes do fundador orixinal do proxecto Debian, Ian Murdock, e a súa esposa Deborah.

Deborah + Ian = Debian

Os nome claves das distintas edicións e distribucións de Debian son nomes das personaxes do filme de animación 3D "Toy Story". O sucesor de Ian Murdock no proxecto Debian foi Bruce Perens, que naquel momento estaba traballando en Pixar (productora de Toy Story) e decidiu poñerlle o nome de Buzz á primeira versión de Debian que se lanzou con él como responsable do proxecto.

Desde entón continúa esta tradición.

 

Debian Toy Story



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 19 de Xaneiro de 2023, 09:46