Comprobacións necesarias, posteriores á actualización do equipo co paquete actualizador.

     
  • Comprobamos o funcionamento dos altofalantes cun vídeo de youtube; Exemplo video youtube.
  • Comprobamos a reprodución de arquivos multimedia ( mp3, wav, AVI, etc) Descargamos o seguinte arquivo e tentamos reproducilo: Himno de galicia mp3



No caso de que non se escoite; clic co botón dereito do rato sobre a icona de control do volume
clic boton dereito
  • Escollemos a opción "Run Audio Mixer", que aparece no menú:

    run audio mixer
    • Seleccionar “Hub Analog Stereo” na opción “Playback” (ver figura). Deberá comenzar a escoitarse a través da pizarra.




      control volume



  • Aquí poderemos subir ou baixar o volume na barra deslizante, ben coas teclas do cursor ou co rato.É importante sinalar que aínda que o software permite subir o volume ata o 150% non se debe superar o 100%.

Deixar esta configuración de forma permanente .

  • Acudir a preferencias de Audio no menú Ferramentas do VLC “ Menú Ferramentas--> Preferencias--> Audio.
  • Marcar a opción “Restabelecer sempre o nivel de audio inicial en” e seleccionando un valor distinto a cero, por exemplo do 90% ou 100%
  • Gardar a configuración para que os cambios se mateñan no seguinte reinicio.
Configuracion de vlc




Consideracións sobre o audio dos equipos:

     
hub
  1. O protocolo estándar para a saída de audio do equipos do proxecto aulas dixitais, son os altofalantes que leva integrados a pizarra dixital Mutilclass. Estes altofalantes reciben o sinal de audio a través do cable USB da pizarra.

  2. Naquelas instalacións onde o USB da pizarra non enlaza directo co equipo portátil , senón que pasa a través da caixa de conexións, a empresa debe instalar un pequeno alimentador na pizarra ( especie de cargador de mobil negro para dar corrente a pizarra, que se conecta á placa traseira da PDI e a corrente eléctrica ).

  3. A conexión a través do cable Minijack, é unha solución de emerxencia para empregar os altofalantes do videoproxector. NON debe quedar conectada pois interfire coa anterior. ( somentes debe conectarse en caso de necesidade) .


     
Última modificación: Xoves, 7 de Xullo de 2016, 16:57