Incidencias

Ao premer en incidencias poderanse ver as incidencias creadas, o grupo ao que pertence o alumnado e o asunto da incidencia e a data de publicación. Para ver máis detalles da incidencia haberá que premer en Ver detalle.

Incidencias creadas

Ao premer en Ver detalle ademais de ver o contido da incidencia poderase consultar se esta foi lida ou non polas persoas responsables en abalarMobil ou no espazoAbalar.

Detalle de incidencia

Para crear unha incidencia deberemos desde a pantalla inicial de Incidencias premer en Crear incidencia.

En primeiro lugar deberase seleccionar o grupo. A continuación poderase ver o alumnado do grupo e as persoas responsables e se están suscritos ou ben á aplicación web ou ben á aplicación móbil. No caso de estar suscrito a algunha das dúas, a aplicación habilita a posibilidade de Crear incidencia.

Crear incidencia

Na seguinte pantalla deberase definir:

  • Incidencia: o tema do que trata a incidencia.
  • Observacións: a descrición da incidencia.
  • Destinatarios: no caso de que dúas persoas responsables do/a neno/a poida recibir a información poderase seleccionar a unha das dúas persoas ou ben ás dúas.

Crear incidencia

Finalmente premer en Gardar para que quede rexistrada a incidencia e sexa enviada ás persoas destinatarias.


Última modificación: Xoves, 10 de Novembro de 2022, 07:25