Axuda

Axuda

O acceso ao espazoFamilias está dispoñible para os pais, nais e titores/as legais do alumnado matriculado nos centros públicos e concertados de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e FP Básica. Tamén pode acceder o alumnado cando son legalmente responsables de si mesmos.
No caso de que ningún dos/as alumnos/as, estean matriculados nun destes centros ou que os datos das persoas responsables dos mesmos non estean recollidos correctamente, non se poderá ver ningún dato académico do/a alumno/a.

No caso de que o alumnado si está matriculado nalgún dos centros indicados e non poder acceder á información ou aos servizos débese:

  • Acudir ao centro educativo para actualizar os datos.
  • Ou ben poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC).

Para calquera aclaración ou dúbida sobre o funcionamento deste servizo web pode poñerse en contacto coa UAC:

  • Teléfono: 881 99 77 01
  • Fax: 881 99 77 88
  • Correo electrónico: uac@edu.xunta.gal


Última modificación: Venres, 28 de Outubro de 2022, 13:36