Información

Logo AbalarO portal espazoAbalar é o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade. Trátase dunha moderna plataforma de última xeración desenvolvida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) coa finalidade de:

  • Achegar a educación aos cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos que se lle proporcionan.
  • Desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.

O portal espazoAbalar permite:

  • Modificar o idioma do portal.
  • Realizar consultas e suxestións.
  • Acceder á información orientada a cada tipo de usuario e aos servizos: espazoFamilias, Profesorado e Centros
  • Seguir o proxecto nas redes sociais: Redeiras, Facebook, Twitter.
  • Ler as últimas noticias relacionadas co Proxecto Abalar.
  • Consultar os diferentes Blogs.
  • Visualizar os recursos máis destacados: vídeos, audios, etc
  • Consultar toda a información relevante do Proxecto Abalar e E-Dixgal.
  • Acceder ao Repositorio de contidos educativos dixitais.
  • Visualizar os videos de Abalar en Youtube.
  • Compartir experiencias TIC na aula con outros usuarios.


Última modificación: Venres, 28 de Outubro de 2022, 13:27