Configuración do Escritorio

  Configuración do Escritorio

   

Podemos habilitar/deshabilitar a posibilidade de almacenar ficheiros no Escritorio desde o menú Aplicativos --> Configuración --> Escritorio

   


   

Na solapa "Menús" podemos activar o menú flotante de aplicativos cando pulsamos co botón dereito do trato sobre algunha zona do Escritorio. Desta maneira, podemos dispoñer dos menús fucnionais que nos ofrece o botón dereito do rato para acceder á configuración do Escritorio, crear ficheiros, crear lanzadores de aplicacións, ...etc.

   


  

Na solapa "Iconas" podemos seleccionar o tipo de iconas que desexamos que se mostren por defecto no Escritorio, así como tamén poderemos escoller cales serán as iconas predeterminadas que se mostrarán ao inicio no propioi Escritorio.

  


   

En calquera caso, sempre é unha boa idea deshabilitar estas opcións para conseguir manter o Escritorio o máis limpo posible de iconas, facilitando a adquisición do hábito de crear cartafoles e sub-cartafoles nos directorios axeitados para cada usuario.

   

      

  Educa En Dixital      

Última modificación: Mércores, 5 de Maio de 2021, 12:14