Crear e configurar chat
Configuración do chat
|
Crear un novo chat Admite resposta: Pódese configurar a opción para que o chat admita resposta ou non. Tema: Tamén se pode poñer un título ao chat que describa de forma moi breve o tema da conversación. |
Tipos de chat Difusión Permite enviar mensaxes a varios destinatarios a modo informativo Sala Conversación onde poden participar varios destinatarios Privado Con un único destinatario |
DifusiónAo crear unha mensaxe de difusión deberanse seleccionar os grupos participantes |
SalaAo crear unha sala, igual que no caso das mensaxes de difusión, tamén se deberán seleccionar os grupos participantes. |
PrivadoAo escoller crear un chat privado, primeiro hai que localizar o grupo ao que pertence o usuario co cal queremos abrir unha conversación privada. Unha vez elixido o grupo, pódese ver a listaxe de usuarios do mesmo e poderase escoller aos usuarios. Crearanse tantos chats privados como usuarios se seleccionen neste paso. |
ApercibimentoNo caso de ser titor ou titora dun grupo nun ciclo formativo pódese notificar ao alumnado a través da aplicación algún destes aspectos:
|
Enviar mensaxeO último paso é común a todos os tipos de chat, onde se deberá introducir unha mensaxe inicial coa que se abrirá o chat e finalmente premer en Enviar |
Última modificación: xoves, 17 de novembro de 2022, 10:43 AM