2. Crear unha sala de reunións
É recomendable, cando se convoca unha reunión virtual, que se cree con anterioridade unha sala virtual e que se inclúa a súa información na convocatoria ao resto de participantes.
Os pasos a seguir para crear unha sala son os seguintes:
- Accede a https://falemos.edu xunta.gal, rexistra o nome da sala e preme o botón IR.
- Lembra que, se é a primeira vez que accedes terás que introducir o teu nome de usuario e contrasinal.
- Os nome da sala de reunións debe seguir na maneira do posible as seguintes normas
- Non debe incluír tildes, comas nin puntos
- O nome da sala debe ser o suficientemente descritivo como para que os asistentes a identifiquen con claridade
Algúns exemplos:
- Grupo_Quinto_Primaria_A
- Matematicas_Segundo_ESO_B
- Reunion_Coordinacion_COVID
- Claustro_NomeCentroEducativo
Despois de pulsar sobre o botón IR, se somos o afintrión da reunión, deberemos introducir o nome de usuario e contrasinal corporativos para poder crear a sala.
Se os datos que introducimos son correctos e corresponden co usuario e contrasinal da nosa conta corporativa, créase a sala da que nós xa formamos parte como anfitrión.
Invitar a máis persoas
Pulsando sobre o botón ou sobre a icona móstrase un novo recadro que nos permite crear as invitacións para enviarlles ás personas que desexemos que se unan a esta reunión (sala) que acabamos de crear en Falemos.
Desde este novo recadro podemos copiar a ligazón da sala para enviala (por correo electrónico ou polo método que queiramos) ao resto de participantes.
Debes recordar que ... Para o uso da plataforma Falemos recomendamos o uso do navegador de internet Chrome , para calquera dos sistemas operativos Linux, Windows e Mac OS. |