Publicación das listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, do procedemento normalizado ED001B [1]
Enviado por administrador a Ven, 20/01/2023 - 10:18Xúntase a Resolución do 19 de xaneiro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).
O prazo de reclamacións contra estas listas é de dez (10) días hábiles e comeza o luns día 23 de xaneiro de 2023 e remata o venres día 3 de febreiro de 2023 (ambos días incluídos).
As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acordo co establecido no apartado segundo da base oitava da Orde do 19 de outubro de 2022.
Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito:
1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada [2]
2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal
3.-Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do procedemento selectivo (código de procedemento ED001B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”. IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER O TRÁMITE DE ALEGACIÓN NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á CONVOCATORIA DO 19 DE OUTUBRO DE 2022 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED001B).
4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.
No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.