Educación recoñece os 20 mellores expedientes da Formación Profesional de grao superior cos premios extraordinarios [1]
Cada galardoado recibirá 850 euros e poderá concorrer aos premios nacionais
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a concesión dos Premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/18 [2], a través dos que se recoñecen os 20 mellores expedientes dos ciclos de grao superior.
A dotación orzamentaria para estes premios é de 19.550 euros que se distribuirán entre os galardoados na mesma contía, de 850 € por alumno. Ademais da correspondente dotación económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.
A relación de galardoados é a seguinte:
Persoa galardoada |
Familia profesional |
Centro educativo |
Balboa Ferreiro, Belén |
Sanidade |
CPR Santa Apolonia (Santiago de Compostela) |
Dono Costoya, Alba |
Comercio e márketing |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
Brea Bodelo, Rafael |
Electricidade e electrónica |
IES Monte Neme (Carballo) |
Prieto Lorenzo, Pablo |
Actividades físicas e deportivas |
CPR Plurilingüe Liceo La Paz (A Coruña) |
Prado Esparza, Víctor |
Informática e comunicacións |
CPR Plurilingüe Liceo La Paz (A Coruña) |
Carreiras Suárez, Ana |
Administración e xestión |
IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña) |
Cernadas Fernández, Cristina |
Edificación e obra civil |
IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) |
Aguilella Martínez, Iris |
Servizos socioculturais e á comunidade |
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (A Coruña) |
Beloso Blanco, Raquel |
Instalación e mantemento |
IES Politécnico de Vigo (Vigo) |
Corral Vieiro, Lucía |
Hostalaría e turismo |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña) |
da Cunha García, Ana Marisa |
Imaxe persoal |
IES 12 de Outubro (Ourense) |
Fernández Varela, Adrián |
Transporte e mantemento de vehículos |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
Iglesias Losada, María de los Ángeles |
Imaxe e son |
IES Audiovisual de Vigo (Vigo) |
Cerviño Otero, Pablo |
Química |
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) |
Ruiz Blanco, Manuel |
Agraria |
CIFP A Granxa (Ponteareas) |
García Paz, Xosé Manuel |
Industrias alimentarias |
CIFP A Granxa (Ponteareas) |
Martínez Torres, Jorge |
Marítimo-pesqueira |
INSTITUTO Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo) |
Romay Franco, Raquel |
Seguridade e medio ambiente |
CIFP A Granxa (Ponteareas) |
López Rodríguez, Marta |
Enerxía e auga |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
Álvarez Miguélez, Roberto Carlos |
Madeira, moble e cortiza |
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) |
O obxectivo destes galardóns é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior en Galicia e enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Consellería para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego.
Puideron optar a este recoñecemento as e os estudantes que cursasen estudos de FP de grao superior no curso 2017/18 nalgún centro educativo da comunidade autónoma (ben modalidade presencial ou modalidade a distancia) e os rematasen no ano 2018, sempre e cando obtivesen unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos; entre outros requisitos.