Embaixada eTwinning [1]
Ademais do Servizo Nacional de Apoio e dos representantes nas comunidades autónomas, existe unha rede nacional de docentes embaixadores e embaixadoras [2] que apoian a promoción e implementación da acción eTwinning a nivel rexional.
Un embaixador eTwinning é un docente representativo da acción eTwinning, e moito máis. É un docente entusiasta, con ampla experiencia no programa, que participou en numerosos proxectos, conseguiu o recoñecemento de Selo de Calidade Nacional ou Europeo unha ou varias veces, ou foi galardoado con Premio Nacional ou Europeo eTwinning, que fai unha intensa difusión dos beneficios do programa e presta axuda a outros docentes que se están iniciando en eTwinning, tanto en asuntos de carácter técnico como pedagóxico.
Actualmente, en Galicia son:
- Mela Rodríguez Montegrifo
Profesora de Primaria EDIXGAL, Inglés e Plástica CLIL
CEIP Froebel
Pontevedra - Susana Vázquez Regueiro
Profesora de P. T. no IES Poeta Díaz Castro.
Profesora Asociada na USC. Depto. Pedagoxía e Didáctica.
Guitiriz - Aarón Bernárdez Pérez
Profesor de Audición e Linguaxe
CPI Mondariz
Mondariz - Carmen Fernández Vázquez
Profesora de Latín, Erasmus+ KA201
IES de Poio
Poio - Patricia Conde Pardo
Profesora de ILingua Inglesa
EOI Vigo
Vigo - Marcos Vence Ruibal
Profesor de FP Informática, CLIL portugués, KA102, KA103, KA109 e KA116
IES San Clemente
Santiago de Compostela
As súas funcións son:
- Asesoran sobre os procedementos en eTwinning
- Difunden a acción eTwinning, tanto en actividades en liña como presenciais, en redes sociais, en blogues de educación, sesións de formación e encontros didácticos en liña, acoden a Xornadas, Seminarios, Encontros
- Coordinan grupos de traballo, imparten talleres en centros escolares e outras institucións educativas
- Recomendan o uso das ferramentas TIC máis adecuadas para unha determinada actividade
- Presentan exemplos de boas prácticas, que poden servir de modelo para os iniciados
- Elaboran documentos de consulta
- Acompáñante en todo o que necesites
Podes poñerte en contacto e atopar toda a información relativa ao seu traballo aquí: http://embaixada.etwinning.gal/ [3]