Xornada "Encontro en círculo: educación e empresa. Profesionais e profesións do futuro". 2ª edición
O luns 8 de outubro de 2018 celebrarase a segunda edición da xornada "Encontro en círculo: educación e empresa. Profesionais e profesións do futuro", co obxectivo de crear un punto de encontro entre a escola, a universidade, os profesionais presentes e futuros e a empresas.
A xornada está organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
- Lugar: sede do Círculo de Empresarios de Galicia. Avenida de García Barbón, 62, Vigo
- Horario: de 9:00 a 19:00 h
- Máis información e reserva de praza
Etiquetas: