Selección de estadías formativas 2018. Resolución provisional

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2018 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

O prazo para efectuar reclamacións, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Data de publicación 28.03.2018