Que se aprende a facer?
Desenvolver, a partir de especificacións técnicas e ao seu nivel, os sistemas de telecomunicación (telefonía, radio e televisión), informáticos (monousuario, multiusuario e telemáticos) e de produción audiovisual, asegurando a operatividade e calidade dos servizos técnicos que prestan nas condicións de normalización e evolución tecnolóxica características do sector. Coordinar e supervisar a execución e o mantemento deses sistemas, aproveitando convenientemente os recursos humanos e medios dispoñibles, coa calidade requirida, nas condicións de seguridade e de normalización vixentes e cos custos acordados.
Onde se realiza o traballo?
Proxecto, instalación, loxística, supervisión de calidade e mantemento de equipos e sistemas de telecomunicación, informáticos e de produción audiovisual (telefonía, radio e televisión, servizos de telecomunicación, produción e posprodución de radio e televisión, telemática, sistemas informáticos mono e multiusuario e as súas instalacións asociadas).
En que postos de traballo?
Técnico en definición, análise e desenvolvemento de proxectos de sistemas de telecomunicación e informáticos, técnico en telefonía, en redes locais e telemática, en centros de produción audiovisual, en explotación de sistemas de radio e televisión, en retransmisións e enlaces, en control central de sistemas de televisión, en sistemas informáticos mono e multiusuario e en sistemas multimedia.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa | 80 |
Arquitectura de equipos e sistemas informáticos | 185 |
Calidade | 55 |
Desenvolvemento de sistemas de telecomunicación e informáticos | 125 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 80 |
Proxecto integrado | 90 |
Relacións no contorno de traballo | 55 |
Seguridade nas instalacións de telecomunicación e informática | 55 |
Sistemas de radio e televisión | 165 |
Sistemas de telefonía | 210 |
Sistemas operativos e linguaxes de programación | 265 |
Sistemas telemáticos | 110 |
Xestión do desenvolvemento de sistemas de telecomunicación e informáticos | 90 |
Que título se obtén?
Técnico superior en sistemas de telecomunicación e informáticos.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.