ReforMás, feira para a reforma e rehabilitación do negocio e do fogar

Entre o 19 e 21 de outubro celébrase no recinto de exposicións, feiras e congresos EXPOCoruña a II edición da feira para a reforma e rehabilitación do negocio e do fogar. O evento desenvolverase en tres xornadas de exposición e formación continua e especializada dirixida ao público en xeral e a profesionais do sector para informar sobre as últimas novidades e solucións de vangarda en construción eficiente, paisaxismo sostible, interiorismo de tendencia, etc.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participa na feira co obxectivo de achegar o público a mensaxe innovadora da Formación Profesional e informar e orientar sobre as alternativas que ofrecen estas ensinanzas para o inicio e promoción da carreira profesional.