O mércores 20 de febreiro de 2019 tivo lugar ás 20:00 horas no Liceo Casino de Pontevedra o evento de protocolo "Ninguén morre mentres alguén lle lembre", deseñado polo alumnado de 2º curso dos ciclos superiores de Guía, información e asistencia turísticas e de Xestión de aloxamentos turísticos.
O evento tivo como temática principal o mundo do recordo, é dicir o mundo dos mortos e o seu legado. A idea de que ninguén morre definitivamente mentres o seu recordo permaneza na memoria de alguén, foi o fío condutor da gala. A desdramatización da morte, a percepción dos camposantos como museos ao aire libre, cheos de camelias e de interesantes historias. Rosalía de Castro abriu a gala xa que o domingo 24 de febreiro, Galicia celebrou o seu aniversario. Outros persoeiros pontevedreses que nos deixaron fai tempo tamén celebraron co alumnado do CIFP Carlos Oroza o "II Baile da Camelia" e recibiron os premios "Camelia Dourada" polo seu legado histórico.
No desenvolvemento e organización deste evento o alumnado tivo que por en práctica tódalas competencias adquiridas no módulo de Protocolo e relacións públicas: decoración, invitacións, minutas, colocación dos convidados, benvidas, discursos, presentación, etc.
A cea que estivo dirixida polo exalumno do CIFP Carlos Oroza Rubén González, xefe de cociña de El Cafetín.