Novas da Rede

Xantar 2018. 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico

Do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2018 celebrouse no recinto de Expourense a feira Xantar 2018, 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

Como en edicións anteriores de Xantar, a Formación Profesional galega contou cunha zona dedicada á difusión das súas ensinanzas e na que tiveron especial importancia as familias profesionais de Hostalaría e turismo e de Industrias alimentarias.

O stand da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria foi atendido por profesorado e alumnado do IES Vilamarín, que ofreceu aos visitantes degustacións de produtos elaborados no propio centro educativo. Tamén se facilitou información sobre os estudos ofertados no propio centro educativo.

Como exemplo dos produtos e servizos innovadores que se realizan nos centros educativos de Formación Profesional de Galicia, o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra ofreceu un showcooking o venres día 2, no que amosaron os resultados da investigación culinaria que están a realizar sobre as posibilidades da camelia en produtos e experiencias gastronómicas.

Xantar 2018
Xantar 2018
Xantar 2018
Xantar 2018
Xantar 2018
Xantar 2018