Novas da Rede

Martín Berasategui preside os actos do 50 aniversario do CIFP Compostela

O chef Martín Berasategui presidiu os actos do 50 aniversario do CIFP Compostela, a escola de Hostalería de Lamas de Abade na que tantos profesionais  completaron a súa formación.  O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, lembrou o carácter precursor do centro compostelán, cuxo proxecto pedagóxico encaixa á perfección co modelo profesional que se está a impulsar desde Galicia. Por este centro pasaron importantes profesionais galegos, nove dos cales teñen estrelas Michelin.

Durante a xornada, procedeuse tamén á inauguración do viveiro de empresas do centro, que comezará a funcionar nos próximos días coa finalidade de asesorar ao alumnado para a creación de empresas. O viveiro dispón de tres espazos para emprendedores e unha sala de reunións. Amosouse tamén a reforma dos talleres de cociña acometida nos últimos meses.

Os actos programados polo 50 aniversario do CIFP Compostela continuarán durante os meses de abril, maio, outubro e novembro, coa celebración de talleres de cociña en directo e mesas redondas onde se abordarán temas tan variados como as novas tecnoloxías aplicadas á gastronomía, a impresión 3D, o márketing ou a intermediación en hostalería, entre outros.

Actos do 50 aniversario do CIFP Compostela
Actos do 50 aniversario do CIFP Compostela
Actos do 50 aniversario do CIFP Compostela
Actos do 50 aniversario do CIFP Compostela