Novas da Rede

Actividade no CIFP Carlos Oroza

O CIFP Carlos Oroza desenvolveu  na Praza de Galicia, a Praza da Ferrería e a rúa Frei Tomás de Sarria de Pontevedra, a actividade “A nosa camelia: tan curiosa como saborosa”, na que alumnado e profesorado do centro amosou aos viandantes pontevedreses as curiosidades relacionadas coa “camelia” e ofreceulles unha degustación de elaboracións realizadas coa camelia como ingrediente. Estas elaboracións foron nigiri de vieira con aceite e pétalos de camelia, realizada polo 1º curso do Ciclo Superior de Dirección de Cociña, follas de camelia fritidas e recheas con chantillí, realizadas polo 1º curso do Ciclo Medio de Panadaría, Repostaría e Confeitaría, e té de camelia con aroma de amorodo e pétalos de camelia deshidratados e azucarados, realizado polo 1º curso do Ciclo Medio de Servizos en Restauración.

Tratouse de amosar elaboracións denominadas ‘xapogalegas’ por ser platos híbridos con produtos orixinarios tanto do Xapón como de Galiza: arroz, vieira, camelia… Decenas de persoas achegáronse a coñecer a qué sabe a camelia, sendo a súa reacción moi positiva, sorprendidos polas elaboracións preparadas polo alumnado do CIFP Carlos Oroza.

A esta cita tamén acudiron usuarios da asociación Xoán XXIII e da Once, que atoparon material adaptado ás súas discapacidades físicas e intelectuais para coñecer estar curiosidades da camelia

Actividade no CIFP Carlos Oroza
Actividade no CIFP Carlos Oroza
Actividade no CIFP Carlos Oroza
Actividade no CIFP Carlos Oroza
Actividade no CIFP Carlos Oroza
Actividade no CIFP Carlos Oroza