Novas da Rede

O CIFP Carlos Oroza no programa da TVG "Boas tardes"

O CIFP Carlos Oroza, a través da súa división de proxectos e innovación educativa Innova Oroza, continúa a realizar actividades relacionadas co proxecto de innovación premiado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. : “Novos usos culinarios da lapa”

Por unha parte, o martes 2 de febreiro o programa vespertino da TVG “Boas tardes” acudiu coa súa presentadora Lucía Fandiño ao centro para falar en directo sobre as probas de elaboracións con lapas con algún dos compoñentes deste proxecto educativo: o profesor de cociña Daniel Pulzoni, dous alumnos do CS de Dirección de Cociña e dúas mariscadoras da Confraría San José de Cangas. No programa o alumnado explicou unha das elaboracións realizadas con este produto, lapas á prancha, e detalláronse as cualidades das que pode presumir este molusco.

Continuando coas probas para acadar unha potencial comercialización da lapa, visitouse o mércores 3 de febreiro á conserveira sita en Barrantes-Ribadumia, Conservas de Cambados, con todo o alumnado e parte do profesorado que forma parte deste proxecto. Nesta visita o alumnado, ademáis de coñecer o funcionamento dunha conserveira tradicional, levaron as elaboracións con lapa desenvolvidas no centro para enlatalas, esterilizalas no autoclave e próximamente coñecer o resultado e reaccións destas elaboracións na conserva. 

TVG_Carlos Oroza
TVG_Carlos Oroza
TVG_Carlos Oroza
Conservera Cambados.- CIFP Carlos Oroza
Conservera Cambados.- CIFP Carlos Oroza
Conservera Cambados.- CIFP Carlos Oroza