Novas da Rede

A rede galega de Formación profesional presente no 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico

A rede galega de Formación Profesional de hostalaría, Eduhostalaría Galicia, atópase presente no Xantar 2016, na edición 17º do Salón Internacional de  Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense desde o 3 ao 7 de febreiro.

O xoves día 4 o CIFP Carlos Oroza e dentro do proxecto "Novos usos culinarios da lapa" presentará un showcooking no aula Medio rural by Rational. O  venres día 5 estarán presentes no Salón Internacional, Mónica Cernadas, profesora do IES de Vilamarín, que desenvolverá un obradorio didáctico de cociña con conservas en colaboración con ANFACO e o CIFP Manuel Antonio que impartirá un masterclass "Tradición e innovación na elaboración de bombóns" no aula gastronómica Mar.

Diego Mosquera, profesor do CIFP Compostela terá presencia o sábado día 6 co tema "O vermút, tipos, historias e cata de vermuts galegos".

Máis información do evento en:  http://www.xantar.org/

Carlos Oroza_Xantar 2016
Carlos Oroza_Xantar 2016
Carlos Oroza_Xantar 2016