Proxectos de decretos que establecen currículos de ciclos formativos

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública os proxectos dos decretos polo que se establecen os currículos dos ciclos formativos de grao  superior correspondentes aos títulos de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional, técnico superior en Documentación e Administración Sanitarias e técnico superior en Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal.

As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas aos proxectos destes decretos nos 15 días hábiles seguintes á publicación deste anuncio, seguindo as instrucións que figuran na seguinte ligazón.

Máis información

  • Prazo para presentar proposicións e suxestións: 15 días hábiles
  • Data de inicio do prazo: 23 de xuño de 2015
  • Data de remate do prazo: 10 de xullo de 2015
Etiquetas: