Exposición pública de proxectos de decretos que establecen currículos de ciclos formativos

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública os proxectos dos decretos polo que se establecen os currículos dos ciclos formativos de grao  superior e grao medio correspondentes aos títulos de Técnico superior en Ortopróteses e Produtos de Apoio e Técnico en Emerxencias e Protección Civil.

As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que estimen oportunas aos proxectos destes decretos nos 15 días hábiles seguintes á publicación desta nova.

  • Proxecto do Decreto ____/2015, do ___de _________, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de Técnico superior en Ortopróteses e Produtos de Apoio.
  • Proxecto do Decreto ___/2015, do __ de ______, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de Técnico en Emerxencias e Protección Civil.
  • Prazo para presentar proposicións e suxestións: 15 días hábiles
  • Data de inicio do prazo: 23 de setembro de 2015
  • Data de remate do prazo: 10 de outubro de 2015

máis información

Etiquetas: