Proxectos de decreto polos que se establecen catro currículos de ciclos formativos
Con obxecto de dar cumprimento á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publicouse no Portal de Transparencia e Goberno Aberto, proxectos de decreto polo que se establecen os currículos de catro ciclos formativos de formación profesional.
Prazo para remitir suxestións: 10/03/2021 - 31/03/2021
- Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Procesamento e Transformación da Madeira
- Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Química e Saúde Ambiental
- Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Termalismo e Benestar
- Proxecto de decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Calzado e Complementos de Moda
Etiquetas: