Proxecto europeo MATES. Resultados obtidos polo CIFP Ferrolterra

O proxecto MATES (Maritime Alliance for fostering the European Blue Economy through a Marine Technology Skilling Strategy) é una iniciativa do Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR cofinanciada polo programa Erasmus + da Unión Europea, cuxo obxectivo é elaborar un plan estratéxico que mellore a competitividade da industria das tecnoloxías marítimas en Europa a través dunha adecuación das formacións existentes. Conta coa participación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que lidera o experimento piloto Freeboard e o Curso de Enerxía Eólica. Os centros educativos implicados no proxecto son o CIFP Ferrolterra, o CIFP Someso e o CIFP Universidade Laboral.

O CIFP Ferrolterra estivo encargado de deseñar e construír a sección dun barco, coa participación activa do alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de Fabricación mecánica. O obxectivo desta construción é proporcionar un ambiente de traballo naval o máis real posible para o alumnado.

No seguinte fragmento dunha reportaxe de La Voz de Galicia pode verse a sección do barco finalizada.