Programas internacionais

O Parlamento Europeo  aprobou o programa Erasmus + para o período 2014-2020, que entrou en vigor o día 1 de xaneiro de 2014.

O novo programa Erasmus + enmárcase na estratexia Europa 2020 e engloba todas as iniciativas de educación, formación, xuventude e deporte.

En materia educativa abarca todos os niveis: escolar, formación profesional, ensinanza superior e formación de persoas adultas.

Erasmus + integrará os programas existentes no Programa de Aprendizaxe Permanente e tamén os programas de educación superior internacional: Mundus, Tempus, ALFA, Edulink e programas bilaterais, ademais do Programa Xuventude en Acción. Polo tanto, comprende os anteriores programas Leonardo da Vinci , dirixido ao alumnado de ciclos formativos de grao medio, e Erasmus, dirixido ao alumnado de ciclos formativos de grao superior e universitarios.

Este novo programa céntrase na aprendizaxe formal e informal cunha clara vocación de internacionalización co obxectivo de mellorar as capacidades educativas e formativas das persoas para favorecer a empregabilidade de estudantes, profesorado e traballadores e traballadoras.

Erasmus+ pretende apoiar as políticas europeas e nacionais en todos os ámbitos da educación e formación a través do valor engadido que supón a internacionalización e ofrecer maiores posibilidades de mobilidade e cooperación europeas a miles de institucións e persoas do noso país.

A Axencia Nacional española é o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) ocúpase de difundir a convocatoria dos programas, subministrar asistencia técnica e asesoramento aos posibles beneficiarios das accións e facer o seguimento adecuado para que as accións previstas consigan os seus resultados.

Para as labores de difusión e seguimento, a Axencia Nacional conta coa colaboración dunha ampla rede de institucións: as Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas, as Universidades, os Servizos Públicos de Emprego rexionais, as Cámaras de Comercio, as organizacións empresariais e sindicais e outras institucións que desenvolven actividades formativas.

A información xeral do programa Erasmus + pódese consultar en http://www.sepie.es/

Os proxectos de mobilidade de Formación Profesional compréndense na acción KA 102, e os proxectos de mobilidade de Educación Superior compréndense na acción KA 103.

Os novos proxectos abarcan os seguintes tipos de mobilidade:

  • Alumnado que vai facer a FCT, na súa totalidade ou nunha parte.
  • Persoas que finalizaran os estudos do seu ciclo formativo, durante os 12 meses seguintes á finalización dos seus estudos.
  • Profesorado e persoal non docente dos centros educativos nos que se impartan ciclos de formación profesional para coñecer outros centros educativos e empresas de países da Unión Europea e as súas formas de traballo e organización.

Os proxectos que se desenvolven na acción KA2 comprenden basicamente as "Asociacións estratéxicas", que son asociacións para a cooperación entre institucións, e as "Alianzas para o coñecemento e as Alianzas para as competencias sectoriais", que promoven asociacións entre institucións de educación superior e de Formación Profesional e empresas, para fomentar as relacións entre os centros educativos/formativos e a realidade empresarial e laboral dos distintos países da Unión Europea.

 

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente