Programa TecEuropa de especialización en materia de financiamento comunitario

A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca dúas edicións, de 20 prazas cada unha, do programa TecEuropa de especialización en materia de financiamento comunitario. Está dirixido ao persoal das entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos.

A primeira edición terá lugar en abril e a segunda en setembro e outubro. O programa está conformado por unha parte teórica que se desenvolverá na oficina da FGE en Bruxelas e unha parte práctica que se levará a cabo en Santiago de Compostela.

As persoas interesadas en participar no programa terán de prazo ata as 24.00 h do día 13 de marzo de 2016 para enviar a solicitude e a documentación correspondente ao enderezo electrónico santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu