Programa Rescatadores de talento. Convocatoria aberta

Rescatadores de talento é un programa da Fundación Princesa de Girona (FPdGi) que promove a empregabilidade dos mozos e mozas de entre vinte e trinta anos con formación universitaria ou de ciclos superior de FP.

O programa ofrece formación, mentoring e centros de desenvolvemento profesional. No caso de que o candidato/a sexa a primeira xeración da súa familia con estudos superiores, terá preferencia fronte a outros candidatos. Ademais, foméntase a súa mobilidade laboral e formativa por diferentes comunidades cunha axuda económica.

Poden incorporarse ao programa todos os mozos/as de entre vinte e trinta anos legalmente autorizados para traballar en España, tanto se están a buscar o seu primeiro emprego coma se se atopan en paro ou subempregados. Deben contar con formación universitaria ou de ciclo superior de formación profesional finalizada no últimos cinco anos, ou estar a estudar o último curso.

Rescatadores pon a disposición dos mozos e mozas vantaxes especiais para que poidan seguir formándose na súa área de especialidade. Directivos e equipos de RR.HH. de empresas de referencia no desenvolvemento do talento novo acompañaranlles nesta aventura que ofrece moitas ferramentas para fomentar a súa empregabilidade.

Etiquetas: