Programa de formación e inserción laboral BeSeat

O programa de formación e inserción laboral BeSeat está dirixido ao alumnado do ciclo superior de Automoción e ten por obxectivo mellorar as condición de empregabilidade deste alumnado a través da formación complementaria e prácticas laborais específicas no servizo autorizado Seat.

A fase de inscrición estará habilitada ata o 31 de decembro e o alumnado interesado deberá inscribirse a través da páxina web https://beseat.es.