Premios da Primeira Competición de Eficiencia Enerxética

Entrega de premios da Primeira Competición de Eficiencia Enerxética, Schneider Electric.

Alumnado do IES As Mercedes do CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica, de Lugo, recibíu o galardón despois de realizar unha completa auditoría enerxética na que se analizaron os consumos de auga, electricidade, calefacción e envolvente térmica.

No estudo, estableceron recomendacións para que o centro poida reducir os seus consumos enerxéticos cun gasto de implantación moi baixo, como o axuste da potencia contratada, o apagado automático da CPU dos computadores ou a colocación de programadores semanais nos aparellos eléctricos. Así mesmo, dentro do seu proxecto, realizaron unha gran campaña de concienciación, difundindo estes valores entre todos os seus compañeiros, animándolles a apostar pola eficiencia enerxética a través de charlas, carteis, logos e vídeos.

Entre as solucións propostas polas alumnas e alumnos gañadores destacan o axuste de baterías por condensadores, o cambio de tubos fluorescentes por LED's, a mellora do illamento do edificio, a instalación de detectores de presenza e a implementación dun sistema de supervisión para seguir optimizando os procesos. Ademais previron melloras no sistema de climatización e auga quente sanitaria.

- Reportaxe da entrega de premios.

Etiquetas: